No BOP A Coruña de 28 de maio, aparece o anuncio da Deputación Provincial da Coruña polo que se publican as Bases do proceso selectivo destinado á elaboración dunha lista provincial para a selección de persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes (Grupo A1, escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores).
O prazo de presentación das solicitudes será de vinte (20) días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP)
