O pasado 3 de agosto, o Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (nº 148), publicou a Resolución da Alcaldía do Concello de Ponteareas aprobando as Bases reguladoras, para a contratación como funcionario interino dun posto de Coordinador do Programa de Desenvolvemento urbano sustentable e integrado “Ponteareas hábitat saudable”.
Conforme ao anterior, ábrese un prazo de dez (10) días hábiles, contados a partires do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para que os interesados poidan presentar instancias conforme ó modelo do anexo I das Bases. (Fin prazo presentación solicitudes: 18 de agosto)
Para obter mais información consultar o seguinte ENLACE
Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que estando admitidos os Arquitectos para participar se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.