Convocatoria de bolsas de formación do IGVS

18 xuñ 2024

No DOG de 3 de xuño se anuncia a Resolución de 20 de mayo de 2024, pola que o Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca as bolsas de formación para o ano 2024 (código de procedemento VI440D). 

As prazas que se convocan son as seguintes:

  • Cinco bolsas para persoas con grao en Arquitectura ou con grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante.
  • Unha bolsa para persoas con grao de Arquitectura Técnica.
  • Seis bolsas para persoas con grao en Dereito.
  • Unha bolsa para persoas con grao en Economía.

Persoas beneficiarias

Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas que no momento de presentar a súa solicitude reúnan os seguintes requisitos:

  • Terminar o grao esixido na correspondente convocatoria, dentro do prazo indicado nela.
  • Ter competencia en lingua galega no nivel Celga 4, equivalente ou superior.
  • Non ser con anterioridade beneficiaria doutra bolsa de formación do IGVS.
  • Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa similar a esta. Noutro caso, deberá renunciarse ao emprego ou á bolsa con anterioridade ao comezo da formación.
  • Non estar incursa en ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As bolsas de formación levaranse a cabo en xornada de mañá, de luns a venres, nas dependencias do IGVS, coa seguinte distribución territorial:

  • Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na Área Provincial do IGVS da Coruña.
  • Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na Área Provincial do IGVS de Lugo.
  • Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na Área Provincial do IGVS de Pontevedra.
  • Unha persoa con grao en Dereito na Área Provincial do IGVS de Ourense.
  • As demais bolsas levaranse a cabo nos servizos centrais do IGVS, en Santiago de Compostela.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

ENLACE AO DOG

 

Compartir