Concello de Trasmiras – Praza de arquitecto/a

13 Dec 2022

No BOP Ourense de 10 de decembro, anúnciase a aprobación das bases que han de rexer a convocatoria e a execución do proceso de estabilización de emprego no Concello de Trasmiras, cuxa oferta de emprego público se aprobou por Resolución da Alcaldía do 19 de maio de 2022, onde figura unha praza de arquitecto/a municipal.

Enlace ao BOP.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir