Concello de Tomiño – bolsa de traballo para cubrir interinamente o posto de arquitecto municipal

10 Xan 2022

No BOP Pontevedra de 10 de xaneiro, aparece o anuncio da convocatoria para prover por concurso unha bolsa de traballo para o posto de arquitecto municipal, categoría de Administración Especial, do Grupo A, Subgrupo A-1, de personal funcionario do Concello de Tomiño para cubrir interinamente en caso de ausencia do titular.

PRAZA COAS SEGUINTES CARACTERISTICAS:

Posto de Arquitecto Municipal, categoría de Administración Especial, do Grupo A, Subgrupo A-1, de persoal funcionario do Concello de Tomiño

O texto completo das bases de ambas convocatorias pódense consultar na seguinte ligazón:

https://tomino.sedelectronica.gal/board

Pola presente ábrese un prazo de 10 días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para presentar as solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello de Tomiño de maneira presencial ou na sede electrónica tomino.sedelectronica.gal ou ben mediante calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, todo elo de conformidade coas bases do procedemento expostas na páxina web do Concello (tomino.gal).

Os demais anuncios destas convocatorias (listas de admitidos, lugar e data das probas, etc.) serán publicados unicamente no taboleiro de anuncios da sede electrónica da paxina web
do Concello.

https://tomino.sedelectronica.gal/board

Enlace ao BOP.

Compartir