No BOP-Pontevedra de 6 de febreiro, publícanse as bases específicas de estabilización dunha praza de técnico/a de urbanismo, persoal laboral fixo, do Concello de Ribadumia.
RIBADUMIA
Bases específicas de estabilización, dunha praza de técnico/a de urbanismo, persoal laboral fixo. BOP PO 06/02/2023
Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.