No BOP Pontevedra de 9 de decembro anúncianse as bases xerais e específicas do proceso de estabilización de emprego do Concello de Poio, onde figura unha praza de arquitecto/a.
As instancias presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do Rexistro Electrónico do Concello ou no Rexistro Xeral do Concello de Poio (Con cita previa) dentro do prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza a publicación do correspondente anuncio de convocatoria no “Boletín Oficial do Estado”.
Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.