Concello de Meaño – Unha praza de arquitecto/a en contrato formativo

31 maio 2022

O Concello de Meaño presentou solicitude de subvención ante a Deputación de Pontevedra para a contratación de persoas tituladas que cumpran os requisitos esixidos, segundo a normativa vixente para a formalización de contratos formativos, por medio das Bases e Convocatoria do Programa de Fomento da Empregabiliadade na Provincia de Pontevedra “Primeira Experiencia Profesional” nos concellos da Provincia de Pontevedra 2022/2023, publicada no BOPPO num 74 de 19 de abril de 2022.

Por medio deste proxecto se solicitou a subvención para a contratación, entre outras, de:

1 Arquitecto. Estar en posesión da titulación habilitante para o exercicio profesional da Arquitectura

Máis información: http://www.concellodemeano.com/ga/anuncio/366/primeira-experiencia-profesional

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir