Concello de Cerceda | Convocatoria dunha bolsa de emprego arquitecto/a

2 Dec 2020

No BOP-A Coruña de 2 de decembro, publícase unha corrección de erros desta convocatoria, ampliando o prazo de presentación.

ENLACE Á CORRECCIÓN.

No BOP-A Coruña de 25 de novembro, aparece a convocatoria de probas selectivas para a creación dunha bolsa de emprego para funcionarios/as interinos/as do grupo a, subgrupo a1, escala administración especial, subescala técnica, denominación arquitecto, por oposicion libre.

Enlace ao Boletín.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 do 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir