Concello de Arbo – Unha praza de arquitecto/a municipal

6 xuñ 2023

No BOP-Pontevedra de 6 de xuño publícase a convocatoria e as bases xerais que rexerán no proceso de estabilización de emprego no Concello de Arbo, na que figura, entre outras, unha praza de arquitecto/a municipal.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte en que apareza a publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Enlace ao BOP.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

 

Compartir