Concello de A Lama – Unha praza de arquitecto/a

11 Ago 2023

No BOP-Pontevedra de 10 de agosto, publícase a Resolución de Alcaldía núm. 2023-0512 do Concello de A Lama de data 02/08/2023, pola que se aproban as bases e a convocatoria para cubrir a praza de arquitecto/a deste Concello, mediante sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado.

Enlace á publicación.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir