No BOE de 31 de maio se publica a Resolución de 16 de maio de 2023, do Concello da Coruña, referente á convocatoria para proveer 11 plazas de arquitecto/a. Esta publicación inicia o prazo para presentación de solicitudes.
Enlace ao BOP. coas bases específicas.
Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.