Estes dous cursos teñen un dobre obxectivo:
- Que o alumno coñeza as ferramentas de cálculo e adquira os coñecementos necesarios para aplicalas a diferentes tipos de actuacións. Para iso, os profesores resolverán e explicarán un bo número de casos prácticos que proporcionarán unha visión ampla da casuística que podemos atopar.
- Facilitar, a través das gravacións da resolución e da explicación destes supostos prácticos, un repositorio de documentación e exemplos que poidan ser asimilables aos supostos que poden ter que resolverse posteriormente no desenvolvemento do traballo profesional.
Destinatarios
Arquitectos ou outros profesionais interesados no manexo desta ferramenta. Non é necesario ter coñecementos previos no manexo da ferramenta.
Duración total:
Cada un dos cursos ten unha duración de 30 horas [3 horas webinars teóricos | 27 horas exercicios prácticos + actividades offline]
Prezos
- Matrícula ordinaria: 100 euros cada curso.
- Arquitectos colexiados: 65 euros (de matricularse nos dous cursos, o segundo 35 euros, o desconto aplicarase no momento da matrícula).
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 40 euros (de matricularse nos dous cursos, o segundo 25 euros, o desconto aplicarase no momento da matrícula).
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno, seguimento en directo ou en diferido.
- Aproximación práctica.
- Fomento da participación.
- O curso desenvólvese integramente en liña, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do cal se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilicen.
Os participantes de ambos cursos terán en común a sesión inicial do mércores 22/06/2022 (Introducción e conceptos básicos relacionados co aforro enerxético e a eficiencia enerxética dos edificios), así como as sesións interactivas para resolver dúbidas e comentarios sobre os exercicios prácticos dos bloques 1 e 2 (mércores 29/06 e mércores 06/07).
Aforo e prazos de matrícula
O aforo é limitado.
- Prazo de inscrición preferente (exclusivo para os colexiados do COAG subscritos ao servizo de formación): ata o martes 14 de xuño ás 23:59 horas, ou ata esgotar as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 horas do martes 14/06/2022 ata o martes 21/06/2022 ás 23:59 horas, ou ata esgotar as prazas dispoñibles.
Programas completos e matrícula:
Nos programas completos, que se poden consultar a continuación, descríbese a metodoloxía e explícanse as actividades que integran o curso e a súa temporalización e modalidades de seguimento. A matrícula pódese formalizar nestas mesmas ligazóns.