Curso Práctica BIM: A casa Farnsworth en Revit, Archicad, Edificius e Bonsai

5 maio 2026

O obxectivo do exercicio práctico é que o alumnado se familiarice coa metodoloxía e a estratexia empregadas no proceso de modelización (comezando a pensar en BIM), que é transversal a calquera ferramenta de software empregada para este fin.

Proponse como exercício práctico a elaboración dun modelo arquitectónico básico da casa Farnsworth de Mies Van der Rohe.

Cada alumno poderá desenvolver a práctica co software que considere máis interesante, sen necesidade de ter licenzas para Revit, Archicad, Edificius e Bonsai, e habilitarase unha sección para a descarga de versións de proba e instrucións de instalación.

Prezos de matrícula 

  • Matrícula ordinaria: 130 euros
  • Arquitectos colexiados: 95 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 65 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.

O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.

Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o domingo 17/05/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende o luns 18/05/2026 ata o domingo 31/05/2026 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

Coa colaboración de 

Compartir