Participación do COAG en Culturgal 2024

21 Nov 2024

Entre o 29 de novembro e o 1 de decembro celebrarase no Pazo da Cultura en Pontevedra, unha nova edición de Culturgal, a Feira das Culturas Galegas. O COAG participará na mesma como expositor, para o cal disporá de 2 stands (nº 67 e nº 68).

Animámosvos a acercarvos a Culturgal e visitar os stands do COAG.

Podedes consultar a información sobre como chegar no seguinte enlace e sobre a adquisión de entradas no seguinte: https://cultur.gal/categoria-produto/entradas/

Compartir