Finalistas galegos na convocatoria ‘Panorama de Obras’ da Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo

1 xuñ 2021

A Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo ( BEAU) presentou os primeiros resultados da convocatoria ‘Panorama de Obras de Arquitectura e Urbanismo’, que premiará o máis relevante da arquitectura e o urbanismo do últimos tres anos (de 2018-2020) cunha selección de 20 proxectos que se darán a coñecer como pistoletazo de saída desta XV BEAU.

Entre as 581 propostas presentadas, 100 proxectos resultaron Seleccionados e 70 foron elixidos Finalistas para unha cita cultural convocada polo Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana a través da Dirección Xeral de Axenda Urbana e Arquitectura en colaboración co Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España ( CSCAE) e a Fundación Arquia, que se celebra este verán de maneira paralela nunha dobre sede —do 28 de xuño ao 16 de setembro no Pavillón de Barcelona, e do 2 de xullo ao 23 de setembro no Patio Herreriano de Valladolid— e cun obxectivo: servir de punto de encontro entre a cidadanía, a arquitectura e o urbanismo e reivindicar o valor social de ambas as disciplinas.

Entre os 70 finalistas queremos destacar as 14 elaboradas por colexiados no COAG ou radicadas en Galicia que son as seguintes:

BERBÉS UVIGO
Autores: Elizabeth Abalo Díaz, nº 2179, delegación de Santiago. e Gonzalo Alonso Núñez, nº 2269, delegación de Santiago.
ESCOLA INFANTIL A BAIUCA
Autores: Elizabeth Abalo Díaz, nº 2179, delegación de Santiago. e Gonzalo Alonso Núñez, nº 2269, delegación de Santiago.
CAMPO DE FÚTBOL DE A GANDAREIRA
Autores: Abraham Castro Neira, nº 4401, delegación de Santiago. e Carlos Pita Abad, nº 1696, delegación de A Coruña
CASA O FIEIRO
Autores: Arturo Franco Díaz, colexiado no COAM
COOPERATIVA DE VIVENDAS TRECE ROSAS
Autores: Manuel Carbajo Capeans, nº 2391, delegación de Santiago e Celso Barrios Ceide, nº 3307, delegación de Santiago
LAVADOIRO DE ARTES
Autores: Jose Carlos Seoane González, nº 1532, delegación de A Coruña
BANCO DO PIÑEIRO
Autores: Jose Carlos Seoane González, nº 1532, delegación de A Coruña
CENTRO SOCIAL DE CORNIDO (CARNOTA)
Autores: Juan José Creus Andrade, nº 1687, delegación de A Coruña e Covadonga Carrasco López, nº 3375, delegación de A Coruña
TRIBUNA PÚBLICA
Autores: Flu-or arquitectura (Juan Miguel Salgado Gómez, nº 4453, delegación de A Coruña e Luis Manuel Santalla Blanco, nº 5044, delegación de A Coruña) e Alba González Vilar, nº 5167, delegación de Lugo
REHABILITACIÓN DE VIVENDA UNIFAMILIAR EN MIRAFLORES. CONCELLO DE MUROS
Autores: Iago Fernández Penedo, nº 4029, delegación de Vigo e Óscar Fuertes Dopico, nº 4059, delegación de A Coruña
PRADOS DE JUEGO A FOUTEZA. PRIMER ACTO
Autores: Jesús Irisarri Castro, nº 983, delegación de Vigo e Guadalupe Piñera Clara, nº 2358, delegación de Vigo
BIBLIOTECA E ARQUIVO MUNICIPAL DE BAIONA
Autores: Clara Murado López, nº 2273, delegación de Lugo e Juan Elvira Peña, colexiado no COAM
MODIFICACIÓN PUNTUAL DEL PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN Y REFORMA INTERIOR DEL CASCO VELLO DE VIGO, ZONA PANIFICADORA
Autores: SALGADO & LÓPEZ ARQUITECTOS, SLP, sociedade inscrita co nº 20293 como adscrita á delegación de A Coruña (Jorge Salgado Cortizas, nº 1879, delegación de A Coruña e Celso López Martín, nº 1963 , delegación de A Coruña)
COMPLEXO TURÍSTICO DE ALBEIDA
Autores: SALGADO E LIÑARES, S.L.P., sociedade inscrita co nº 30009 como adscrita á delegación de Santiago ( Alfonso Salgado Suárez, nº 1913, delegación de Santiago e Francisco Liñares.Túñez, nº 2674, delegación de Santiago)

 

Compartir