Exposición do Concurso de Proxectos para a rehabilitación do antigo Mercado de Santa Lucía en A Coruña e conferencia do arquitecto Francisco Burgos (Burgos & Garrido)

11 Xul 2023

O luns 17 de xullo, ás 19:00 horas, na Delegación de A Coruña, terá lugar a inauguración da Exposición do Concurso de Proxectos para a rehabilitación do antigo Mercado de Santa Lucía en A Coruña, que irá acompañada da conferencia Mañana sale el sol, impartida polo arquitecto Francisco Burgos, socio fundador de Burgos & Garrido Arquitectos e director do proxecto da proposta gañadora.

Esta exposición permitiranos coñecer todas as propostas presentadas ao concurso, así como coñecer a estratexia de reconversión do antigo Mercado de Santa Lucía nun edificio mixto de uso público, ideada polo citado estudio de Burgos & Garrido.

A exposición estará dispoñible na delegación ata o vindeiro 18 de agosto de 2023 en horario de atención ao público.

Participantes na mostra

Burgos & Garrido
Fernando Eiroa Lorenzo e Jorge García Anta
Manuel Vázquez Muiño e OLA Estudio
Fernández Carballada e Nula Studio
Aestudio
Díaz y Díaz Arquitectos
Javier Rodríguez Alcoba / Oficina de Arquitectos
Ivan López Veiga e Juan Iglesias
Gonzalo Moure
Gerardo de Villanueva Ferrer
Patricia Sabín e Enrique Blanco

Baixo lema, en anonimato:
GLASS
LUCIA_AL CUBO
3ERRES

Síntese da conferencia
O proxecto resolve a contradición entre a unidade da súa configuración formal e a diversidade dos seus usos. O aparcamento, o mercado, o centro de saúde e o centro cívico teñen accesos completamente independentes. Pero, ao tempo, comparten unha vocación colectiva que se materializa no atrio central ao que abren, do que reciben a luz natural e co que adquiren a súa condición de servizo público comunitario.

A gran dificultade topográfica do lugar no que se atopa o edificio, levou a Manuel Gallego a propor, no proxecto orixinal, en 1979, unha configuración de entreplantas en bancadas. A posición estratéxica das escaleiras e os ascensores que propoñemos permite que o tránsito entre as entreplantas e a segregación do programa diverso do edificio sexa fácil, fluída e absolutamente accesible para todos. E o entrelazar visual dos usos e as circulacións arredor do atrio central, que propomos abrir, transfórmase nun acontecemento visual e espacial valioso para o edificio; pero tamén en certo modo será o corazón do barrio
de Santa Lucía.

Este proxecto non pretende ser unha modernización da obra de Gallego. Trata de extraer o máximo do seu ideario orixinal, minimizando o impacto e as modificacións sobre os seus elementos esenciais e, ao tempo, mantendo o seu espírito lixeiro, industrial e panóptico.

© Burgos & Garrido Arquitectos, 2023. Vista da proposta para a rehabilitación do antigo Mercado de Santa Lucía desde a rúa Inés de Castro.

© Burgos & Garrido Arquitectos, 2023. Vista da proposta para a rehabilitación do antigo Mercado de Santa Lucía desde a rúa Inés de Castro.

©Burgos & Garrido Arquitectos, 2023. Volumetría de programa de mercado con posibilidade de mercado de rúa.

Francisco Burgos Ruiz
Francisco Burgos é Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid [ETSAM, UPM], Doutor Arquitecto cum laude e Profesor desta misma escola desde 1992. Asemade, ten sido profesor convidado no College of Environmental Design UC Berkeley, School of Architecture University of Minnesota e a Universidade dos Andes, entre outras.

Arquitecto Principal, xunto con Ginés Garrido, da oficina de arquitectura Burgos & Garrido Arquitectos, en Madrid. Nos últimos anos, a oficina ten estado centrada no deseño e execución de proxectos de espazo público, parques e planeamento urbano dende unha perspectiva social e de sostibilidade medioambiental. Un bo exemplo é o proxecto de Madrid Río, probablemente o máis complexo e ambicioso proxecto de espazo público construído en Europa nas últimas décadas. Actualmente a oficina traballa no deseño e execución de proxectos de deseño urbano e equipamentos públicos, como o Parque Zamalanda en Barakaldo, o Hospital Universitario de La Paz en Madrid ou, proximamente, a Rehabilitación do Antigo Mercado de Santa Lucía, na Coruña.

DATA
Luns 17 de xullo de 2023 – 19:00 horas

DURACIÓN DA EXPOSICIÓN
17/07/2023-18/08/2023

LUGAR
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña

ORGANIZAN
Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello de A Coruña
Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

COLABORAN
Asociación cultural Flor de Santiago
Viñedo Lagar do Vento

Compartir