Convocatoria aberta de procura de proxectos para o nº 35 de Obradoiro_ Prospectiva 1: PAISAXES

12 Mar 2025

Prospectivas é o proxecto editorial gañador do concurso publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para dirixir a revista Obradoiro durante os próximos tres números. Esta iniciativa articúlanse en tres eixos temáticos que comparten un propósito: abordar os desafíos espaciais e sociais aos que Galicia se enfronta nos próximos anos.

O termo prospectiva, que dá nome a este proxecto, alude ao exercicio de analizar e anticipar o futuro dunha realidade determinada. Con esta actitude, afrontamos a nova etapa de Obradoiro, coa aspiración de construír unha mirada colectiva orientada ao porvir. Desde esta perspectiva, propoñémonos explorar como a arquitectura pode —e debe— contribuír a afrontar tres retos clave para Galicia nas próximas décadas:

  1. A transformación das Paisaxes que estruturaran os nosos territorios.
  2. A evolución das Urbanidades nas que habitamos.
  3. O aproveitamento sostible dos Bens dos que dispoñemos.

A través de tres números monográficos dedicados a Paisaxes, Urbanidades e Bens, Prospectivas indaga en estratexias e respostas arquitectónicas capaces de dar forma aos futuros desafíos do territorio galego. O equipo de dirección editorial de Prospectivas o compoñen os arquitectos colexiados Manuel Bouzas, María Fandiño, Roi Salgueiro e Teresa Sánchez.

Neste sentido, conforme ao acordado polo Consello Editorial, o primeiro número desta nova etapa, titulado Prospectiva I: Paisaxes, céntrase no estudo das transformacións xeográficas que están a redefinir Galicia. Nel, exploraremos espazos e intervencións que abarcan dende as comunidades de montes ata as costas e corpos de auga, pasando polas áreas de produción agrícola e forestal. Tamén abordaremos a necesidade de desenvolver infraestruturas verdes que respondan aos efectos do cambio climático, poñendo en valor o legado e a vixencia da arquitectura do paisaxe galego.

O obxectivo desta Open Call é seleccionar obras para a súa inclusión no próximo número de Obradoiro. Para iso, os traballos serán avaliados en función da súa relevancia e coherencia coa temática do número 35; Paisaxes. As obras seleccionadas formarán parte dun ou máis formatos nos que se articula a revista, que poden abranguer dende a súa edición impresa ata as súas plataformas dixitais.

Esta convocatoria está dirixida a obras construídas no territorio galego, sempre que fosen finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 1 de marzo de 2025.

Os traballos deberán ser presentados polos seus autores, seguindo as indicacións detalladas no apartado 05. Material a presentar. Só se admitirán aquelas propostas que se presenten dentro do prazo e no formato establecido. A data límite de envío de propostas remata o día 15 de abril de 2025. O envío da documentación realizarase a través do formulario habilitado que se indica no apartado de máis información. 

Máis información:

Open Call_Obradoiro 35

Compartir