O mércores 19 de xullo, ás 19:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia Arquitectura de Arquitecturas: Creación, feudalismo dixital e Intelixencia Artificial impartida polo arquitecto Pablo Lorenzo-Eiroa, Director do AI Lab da School of Architecture and Design do New York Institute of Technology e autor do libro “Digital Signifiers in an Architecture of Information: From Big Data and Simulation to Artificial Intelligence”, Routledge, London 2023.
Esta conferencia permitiranos coñecer as chaves esenciais da investigación de Pablo Lorenzo-Eiroa no ámbito da Arquitectura e a Intelixencia Artificial e celebrar o lanzamento recente do seu novo libro.
©Digital Signifiers in and Architecture of Information: From Big Data and Simulation to Artificial Intellingence, Routlege, London 2023
Síntese
A conferencia estará centrada na liña de investigación presentada na obra Digital Signifiers in an Architecture of Information, na que se propón unha relación crítica entre a computación e a arquitectura, desenvolvendo unha historia e unha teoría da representación da arquitectura co obxectivo de comprender e desenvolver novos medios e de abrir a creatividade neste campo. Historicamente, a arquitectura ten sido vangarda na representación espacial. Hoxe en día, a computación estableceu novos paradigmas de representación que poden compararse coa revolución da perspectiva no Renacemento. Os arquitectos agora usan software, robótica e ferramentas de fabricación con moi pouca comprensión e participación en como estas ferramentas inflúen, revolucionan e determinan, na actualidade, tanto a arquitectura como a súa construción. Por que a disciplina da arquitectura non posúe un maior grado de autoría na concepción e desenvolvemento de tecnoloxías computacionais que definen a representación espacial? O libro explora de forma crítica a relación entre historia, teoría e crítica cultural. Lorenzo-Eiroa posiciona os seus novos enfoques a través de seccións históricas paralelas e teorías de cánones revolucionarios da arquitectura representacional desprazados pola proxección espacial convencional. Identifica aos arquitectos, artistas, matemáticos e filósofos que foron capaces de revolucionar as súas disciplinas a través do desenvolvemento de novas tecnoloxías, novos sistemas de representación e novos lentes para entender a realidade. A conferencia abordará como esta obra enmarca os novos medios para comprender e expandir a autoría da arquitectura en relación coa recolección de datos, a información, a representación, o espazo multidimensional, as Grandes Bases de Datos e a Intelixencia Artificial, na procura de activar unha arquitectura da información.
© Computational Visual Semiotic Signs that as they become Signifiers establish an artificial origination anticipatory of architectures that if not displaced usually project a colonialism indexical of a biased symbolic form. Pablo Lorenzo-Eiroa, 2010-2022.
©Palladio nine square grid floor plans contrasting shape grammar with architecture displacements as undecidable feature based Difussion Model based on API. Pablo Lorenzo-Eiroa, 2022.
©3D Scanning, Laser LiDAR and Photogrammetry indexical Big Data gathering surveys and processing implementing AI reconstruction, Semantic Segmentation and Machine Vision Feature Recognition. “Environmental Blockchain Big Data AI AR Platform” PI. Pablo Lorenzo-Eiroa, RA. Farah Jalil, IDC Grant, 2021-2022.
© New York City Department of Transportation (DOT) Presentation. Traffic and parcel delivery AI robotic simulation and optimization correlational with environmental simulation feedback. e-Architects Environmental Blockchain Big Data AI Platform 2018 Design Principal, Research and Development: Pablo Lorenzo-Eiroa, Designers and Research: Frank Fengqi Li, Julian Chu-Yun Cheng, Shantanu Bhalla, Wayne Shang-Wei Lin.
Pablo Lorenzo-Eiroa
O Doutor arquitecto Pablo Lorenzo-Eiroa é profesor asociado con Tenure, Director do AI Lab e primeiro Director do Master of Science in Architecture, Computational Technologies program na School of Architecture an Design no New York Institute of Technologie (NYIT). É un arquitecto e docente con proxección internacional nos ámbitos da arquitectura, o urbanismo, a ecoloxía e a computación. A súa obra innova en sistemas de representación e construción baseados en información a través de materiais, robótica e fabricación dixital.
É doutor en Arquitectura pola UIC de Barcelona, arquitecto pola Universidade de Bos Aires, onde realizou estudos de Máster e un Seminario de postgrado na Escola Superior de Belas Artes de la Cárcova. Posteriormente logrou a bolsa Fulbright e o Fondo Nacional das Artes para completar o seu M.Arch II na Universidade de Princeton. Profesionalmente, Lorenzo-Eiroa é o Director de deseño da práctica experimental experimental e-Architects (New York/Buenos Aires) baseada nunha Arquitectura e Urbanismo da Información emerxentes. e-Architects desenvolve software, “mapeo” de información e “visualizacións” implementando Big Data, incluindo robótica para “debuxar” e para “construír”, entendéndoas como proto-arquitectónicas. A súa obra construida inclúe parques, edificios e instalacións en Buenos Aires, Nova Iorque e Europa.
Os seus proxectos e artigos teñen sido publicados, exhibidos e presentados en varias publicacións e institucións, incluíndo a Bienal de Venecia (VIII, IX, XVI, XVII, XVIII), MoMA, MAS Summit 2017, NYC Media Lab, ACADIA, The Storefront for Art and Arquitectura, The New York Times, Clarin ARQ, La Nacion, Constructs (Yale University SoA), Paradigms in Computation (eVolo), Imagining Ground Zero, The Generic Sublime (Actar/Harvard GSD), Plataforma Arquitectura, Arch Daily, Suckerpunch, Pidgin (Princeton), entre moitos outros.
Foi nomeado Profesor Asociado e/ou Visitante en The Cooper Union (2004-2018), UPenn, Columbia University, UIC de Barcelona, Universidade da Sapienza de Roma, Universidade Torcuato Di Tella e a Universidade de Bos Aires.
DATA:
Mércores 19 de xullo 2023 – 19:00 horas
LUGAR:
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña
COLABORAN:
Asociación cultural Flor de Santiago
Viñedo Lagar do Vento