Charla de clausura da exposición ‘A muller que son. 7 arquitectas rumanas e as súas obras’

3 Abr 2024

O luns 8 de abril ás 19.00 horas terá lugar no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Xeografía e Historia a conferencia de clausura da exposición ‘A muller que son. 7 arquitectas rumanas e as súas obras’, baixo o título “‘100 anos da presenza de mulleres na arquitectura de Rumanía'”.

  • Presenta e conduce a sesión Juan Monterroso, catedrático de Historia da Arte da USC
  • ‘Virtuosi violin’, trio formado por Anca Smeu, violín, Ionana Ciobotaru, viola e Haruna Takebe, piano 12’
  • Ileana Tureanu, presidenta da Unión de Arquitectos de Rumanía quen fará unha introducción na historia de 100 de anos da Escola de arquitectura feminina de Rumanía.
  • Cãtãlin D. Constantin, catedrático da Universidade de Bucarest, especialista en arquitectura eclesiástica rumana , ‘Xeografías sagradas’
  • Elizabeth Abalo Díaz do Estudio Ábalo-Alonso, destacada profesional e docente que representa a consolidación do papel das arquitectas na contemporaneidade arquitectónica galega de comezos do século XXI
  • Óscar Andrés Quintela do Estudio Arrokabe, recoñecido arquitecto e xestor de oficinas de rehabilitación de conxuntos históricos en Galicia. Referencia destacada en traballos de alta calidade arquitectónica patrimonial, entre outros, a coordinación de traballos de restauración da Catedral de Santiago de Compostela 2017-2022.
  • Theodor Smeu Stermin, traductor

A entrada será aberta ao público e de balde ata completarse a capacidade do espazo.

Compartir