IMPORTANTE REQUIRIMENTO DE INFORMACIÓN – Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a rehabilitación do edificio de xulgados situado na rúa Lalín de Vigo

7 Feb 2023

Publicado no Portal de Contratación de Galicia con data 7 de febreiro o requirimento de subsanación, NO PRAZO DE TRES DÍAS HÁBILES, das candidaturas correspondentes aos lemas FORUM019 e 0OUTERI03.

ASUNTO: requirimento subsanación

De acordo co previsto no apartado 7.2.3 do prego de bases que rexe no concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a rehabilitación do edificio dos xulgados situado na rúa Lalín de Vigo para uso de asociacións e entidades sociais, no marco do plan de recuperación, transformación e resilencia, financiado pola Unión Europea (NEXTGENERATION UE). (Código expediente: 2023 SESE 03-CI) no sobre B, ademais da documentación gráfica, debe achegarse a documentación escrita en arquivos .pdf. Os arquivos nomearanse co lema, seguido, se é o caso, do número de orde do panel.

Tal e como consta na acta da reunión do Xurado designado para o concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a rehabilitación do edificio dos xulgados situado na rúa Lalín de Vigo para uso de asociacións e entidades sociais, no marco do plan de recuperación, transformación e resilencia, financiado pola Unión Europea (NEXTGENERATION UE) celebrada o día 2 de febreiro de 2023:

  • A candidatura número 27, correspondente ao lema FORUM019, non presenta no medio de almacenamento electrónico, nin a documentación escrita en arquivo PDF nin a documentación gráfica da proposta, consistente nun arquivo .pdf ou .jpg de cada un dos paneis, segundo se require na base 7.2.3.
  • A candidatura número 28, correspondente ao lema 0OUTEIR03, non presenta un medio de almacenamento electrónico (CD, PenDrive USB…) rotulado igual que o sobre B,, segundo se require na base 7.2.3.

Tendo en conta o anterior, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste requirimento no perfil do contratante e na páxina web do COAG, debe presentar a citada documentación nun medio de almacenamento electrónico (CD, PenDrive USB…), identificando o procedemento na oficina do Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía da Xunta de Galicia, situado no Complexo Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela e irá dirixido a:

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral Técnica
Complexo Administrativo San Caetano, Bloque 1 – 1o andar
15781 – Santiago de Compostela

En todo caso, o anonimato deberá quedar garantido, de maneira que non aparezan datos da persoa ou empresa que realiza o envío e non poderá figurar ningún elemento na documentación nin nos arquivos electrónicos, que permita identificar ao concursante. Esta prohibición esténdese ás propiedades dos arquivos dixitais. A única identificación posible será o LEMA baixo o que se presenta. En caso contrario será rexeitada a proposición.

Enlace o Perfil do contratante.

Compartir