IMPORTANTE REQUIRIMENTO DE INFORMACIÓN Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a construción do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense-

21 Dec 2022

Publicado no Portal de Contratación de Galicia con data 21 de decembro o requirimento de subsanación, NO PRAZO DE TRES DÍAS HÁBILES, da candidatura correspondente ao lema FLEXI100.

ASUNTO: requirimento subsanación

De acordo co previsto no apartado 7.2.3 do prego de bases que rexe no concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a construción do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense (Código expediente: 2016-SESE 25-CI) no sobre B, ademais da documentación gráfica, debe achegarse a documentación escrita en arquivos .pdf. Os arquivos nomearanse co lema, seguido, se é o caso, do número de orde do panel.

Tal e como consta na acta da reunión do Xurado designado para o concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a construción do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense celebrada o día 13 de decembro de 2022, a candidatura número 10, correspondente ao lema FLEXI100, non presenta no medio de almacenamento electrónico, a documentación escrita en arquivo PDF, segundo se require na base 7.2.3.

Tendo en conta o anterior, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste requirimento no perfil do contratante e na páxina web do COAG, debe presentar a citada documentación nun medio de almacenamento electrónico (CD, PenDrive USB…), identificando o procedemento na oficina do Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía da Xunta de Galicia, situado no Complexo Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela e irá dirixido a:

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral Técnica
Complexo Administrativo San Caetano, Bloque 1 – 1º andar
15781 – Santiago de Compostela

En todo caso, o anonimato deberá quedar garantido, de maneira que non aparezan datos da persoa ou empresa que realiza o envío e non poderá figurar ningún elemento na documentación nin nos arquivos electrónicos, que permita identificar ao concursante. Esta prohibición esténdese ás propiedades dos arquivos dixitais. A única identificación posible será o LEMA baixo o que se presenta. En caso contrario será rexeitada a proposición.

Santiago de Compostela, na data da sinatura electrónica
A secretaria do Xurado
Mónica Fernández Santas

Enlace ao portal de contratación.

 

Compartir