IMPORTANTE REQUIRIMENTO DE INFORMACIÓN – Concurso de ideas, con intervención de jurado, a nivel de anteproyectos, para la construcción del nuevo edificio administrativo de la Xunta de Galicia en Ourense

23 Xan 2023

Publicado no Portal de Contratación de Galicia con data 23 de xaneiro o requirimento de subsanación, NO PRAZO DE TRES DÍAS HÁBILES, da candidatura correspondente ao lema GACAC030.

ASUNTO: requirimento subsanación

De acordo co previsto no apartado 7.2.3 do prego de bases que rexe no concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a construción do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense (Código expediente: 2016-SESE 25-CI) no sobre B, ademais da documentación gráfica, debe achegarse a documentación escrita en arquivos .pdf. Os arquivos nomearanse co lema, seguido, se é o caso, do número de orde do panel.

Tal e como consta na acta da reunión do Xurado designado para o concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a construción do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense celebrada o día 3 de xaneiro de 2023, a candidatura número 6, correspondente ao lema GACAC030, non presenta no medio de almacenamento electrónico, a documentación escrita en arquivo PDF, segundo se require na base 7.2.3 do prego, xa que a memoria incluída no arquivo dixital unicamente conta coa páxina núm. 28.

Tendo en conta o anterior, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste requirimento no perfil do contratante e na páxina web do COAG, debe presentar a memoria completa nun medio de almacenamento electrónico (CD, PenDrive USB…), identificando o procedemento na oficina do Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía da Xunta de Galicia, situado no Complexo Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela e irá dirixido a:

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral Técnica
Complexo Administrativo San Caetano, Bloque 1 – 1o andar
15781 – Santiago de Compostela

En todo caso, o anonimato deberá quedar Garantido, de maneira que non aparezan datos da persoa ou empresa que realiza o envío e non poderá figurar ningún elemento na documentación nin nos arquivos electrónicos, que permita identificar ao concursante. Esta prohibición esténdese ás propiedades dos arquivos dixitais. A única identificación posible será o LEMA baixo o que se presenta. En caso contrario será rexeitada a proposición.

 

Santiago de Compostela, en la fecha de la firma electrónica
La secretaria del Jurado
Mónica Fernández Santas

Enlace al portal de contratación.

 

Compartir