O obxecto do presente concurso de proxectos, anónimo con intervención de Xurado, é seleccionar a mellor proposta, a nivel de anteproxecto, de rehabilitación arquitectónica e ampliación do recinto conventual de Santa Clara para uso destinado ao Museo de Pontevedra, de acordo coas previsións contidas no prego de prescricións técnicas.
O proxecto de rehabilitación e ampliación desenvólvese na parcela delimitada pola igrexa e o muro perimetral que o confina (Referencia catastral 9780004NG2998S0001PL) e unha pequena parcela exterior anexa á igrexa, coa finalidade de dar resposta ao programa de necesidades que, de maneira sucinta, concrétase en:
- Rehabilitación e reforma dos 5.705,41 m2 estimados de superficie actual construída
- Demolición dos aproximadamente 277,11 m2 da planta engadida recentemente no edificio barroco occidental
- Ampliación das instalacións actuais en, polo menos, 3.500 m2 de nova construción
- Recuperación ambiental dos 9.665,36 m2 aproximados ocupados polos espazos de horta e bosque
- Ordenación dos aproximadamente 263,10 m2 da pequena parcela extramuros pegada á igrexa
Concederase un 1º premio – gañador por importe de 50.000 €(sen IVE) – 60.500 (con IVE) e 4 accésit de 30.000 € (sen IVE) – 36300 € (con IVE) cada un. O importe total dos 5 premios son 170.000 € (Sen IVE) – 205.700 € (con IVE)
O importe do primeiro premio ten o carácter de pago a conta e deducirase dos honorarios totais, no caso que posteriormente a Deputación adxudique ao gañador do concurso o contrato de servizos. O mesmo carácter terán o resto de premios ou accésits, no caso de que, por renuncia ou falta de capacidade ou solvencia do primeiro ou sucesivos, resultasen adxudicatarios do contrato. Os premios estarán suxeitos á práctica da retención que resulte esixible.
Acceso á licitación: