Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a rehabilitación arquitectónica facilitando novos usos na finca de Lourizán

11 Out 2023

O obxecto deste concurso é seleccionar a mellor idea, a xuízo do Xurado, e desenvolvida a nivel de anteproxecto, que sirva de base ao correspondente proxecto técnico, básico e de execución, incluído o estudio de seguridade e saúde, o estudo de xestión de residuos, a certificación enerxética e o proxecto de telecomunicacións das obras de rehabilitación arquitectónica das edificacións identificadas para o cambio de uso da finca de Lourizán e da integración paisaxística de certos espazos exteriores da finca de Lourizán, que serán recollidos no ANEXO I bis denominado: Documento base para el concurso.

Para a redacción do dito anteproxecto haberá de terse en consideración a normativa urbanística e medioambiental aplicable e as determinacións dispostas nos plans urbanísticos do concello de Pontevedra, das que se deberá dar cumprimento.

As obras a executar en desenvolvemento do anteproxecto gañador deste concurso de ideas terán un orzamento máximo de 16.450.389,68 euros. Este importe inclúen os gastos xerais, o beneficio industrial e o IVE (21%).

PREMIOS

Importe (IVE incluído)
Gañador do concurso e primeiro premio 48.400,00 €
Segundo premio 24.200,00 €
Terceiro premio 18.150,00 €
Primeiro accésit 12.100,00 €
Segundo accésit 12.100,00 €
Terceiro accésit 12.100,00 €
Cuarto accésit 12.100,00 €
Quinto accéit 12.100,00 €

 

PRAZO

Prazo de presentación de ofertas: 31/10/2023

ENLACE A PÁXINA DE CONTRATOS DE GALICIA

Compartir