Concurso de ideas (anteproxectos) con intervención de xurado, para o deseño do Centro de promoción e imaxe dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais de Galicia

1
Posted by / 12 diciembre 2019 / Categories: Concursos / 1 Comment

No DOG de 11 de decembro, anúnciase o concurso de ideas (anteproxectos) con intervención de xurado,  para o deseño do Centro de promoción e imaxe dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais de Galicia, baixo a denominación de Galicia Calidade, no predio de Sergude.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o anuncio da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), adscrita á Consellería do Medio Rural, polo que se convoca o concurso de ideas para converter o Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón) no espello do rural galego. O obxecto deste concurso é a transformación do predio de Sergude, onde están situadas as instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agraria e o Pazo de Quián, nun centro de promoción e imaxe dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais de Galicia.

O gañador do primeiro premio deste concurso (dotado con 40.000 euros) poderá ser tamén o adxudicatario do contrato de servizo de redacción do proxecto básico e de execución, así como da dirección da obra ulterior. O procedemento establece tamén outros catro premios, a maiores, dotados con entre 25.000 e 10.000 euros. Nesta primeira fase, o concurso contará cun orzamento de 1,2 millóns de euros, que inclúe os custos dos proxectos básico e de execución, así como da dirección de obra, pero o conxunto da intervención no pazo e a súa contorna suporá un investimento global de dez millóns de euros.

Trátase de crear un espazo que propicie unha visión global do que é o medio rural galego desde o punto de vista agropecuario, forestal, hortofroitícola, etc. Por iso, o pazo e a súa contorna (que conta cunha superficie de arredor de 100 hectáreas) converteranse nunha reprodución visitable da ordenación do territorio que se pretende para o rural galego cos tres usos: forestal, agrícola e gandeiro.

A data límite de presentación de proxectos será de tres meses desde a publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE), que se fará proximamente. A documentación deberá presentarse directamente na sede da Agacal, en Santiago de Compostela, a onde os interesados deberán dirixirse tamén para obter máis información.

Enlace ao anuncio no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191211/AnuncioG0528-051219-0001_gl.html

Enlace á documentación:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=620566&lang=gl

 

Infórmase que, segundo acordo de Xunta de Goberno, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os arquitectos para participar, considérense de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

 


Concurso de ideas (anteproxectos) con intervención de xurado, para o deseño do Centro de promoción e imaxe dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais de Galicia

En el DOG de 11 de diciembre, se anuncia el concurso de ideas (anteproyectos) con intervención de jurado, para el diseño del Centro de promoción e imagen de los productos agrícolas, ganaderos y forestales de Galicia, bajo la denominación de Galicia Calidade, en la finca de Sergude.

El Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoy un anuncio de la Agencia Gallega de la Calidad Alimentaria (Agacal), adscrita a la Consellería de Medio Rural, por el que se convoca el concurso de ideas para convertir el Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón) en el espejo del rural gallego. El objeto de este concurso es la transformación del predio de Sergude, donde están ubicadas las instalaciones del Centro de Formación y Experimentación Agraria y el Pazo de Quián, en un centro de promoción e imagen de los productos agrícolas, ganaderos y forestales de Galicia.

El ganador del primer premio de este concurso (dotado con 40.000 euros) podrá ser también el adjudicatario del contrato de servicio de redacción del proyecto básico y de ejecución, así como de la dirección de la obra ulterior. El procedimiento establece también otros cuatro premios, a mayores, dotados con entre 25.000 y 10.000 euros. En esta primera fase, el concurso contará con un presupuesto de 1,2 millones de euros, que incluye los costes de los proyectos básico y de ejecución, así como de la dirección de obra, pero el conjunto de la intervención en el pazo y su entorno supondrá una inversión global de diez millones de euros.

Se trata de crear un espacio que propicie una visión global del que es el medio rural gallego desde el punto de vista agropecuario, forestal, hortofrutícola, etc. Por eso, el pazo y su entorno (que cuenta con una superficie de alrededor de 100 hectáreas) se convertirán en una reproducción visitable de la ordenación del territorio que se pretende para el rural gallego con los tres usos: forestal, agrícola y ganadero.

La fecha límite de presentación de proyectos será de tres meses desde la publicación del anuncio de licitación en el Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), que se hará próximamente. La documentación deberá presentarse directamente en la sede de la Agacal, en Santiago de Compostela, a donde los interesados deberán dirigirse también para obtener más información.

Enlace al anuncio en el DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191211/AnuncioG0528-051219-0001_es.html

Enlace a la documentación:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?lang=es&cambioIdioma=true&N=620566

Se informa que, según acuerdo de Junta de Gobierno, el criterio colegial en relación con convocatorias públicas de ofertas de empleo, concursos o de cualquier otro tipo, será el de difundir entre los colegiados aquellas en las que, estando admitidos los arquitectos para participar, se consideren de especial interés, con independencia de que el Colegio proceda a revisar los términos de la convocatoria concreta, con la finalidad de interponer recursos o realizar todas las gestiones que considere oportunas para impugnar o manifestar su disconformidad con el contenido de las mismas.

About the author
1 comentario
  • Liquid dice:

    Quero partillar este comentario cos colexiados. Non sei se son o único arquitecto que pensa que tres meses é un tempo MOI escaso para definir unha proposta que abrangue 100 hectáres! mellora de varios edificios, uns 7 inmobles!, entre eles unha rehabilitación dun pazo!, e con proposta de novas edificacións! para novos usos. Ademáis de un proxecto de paisaxismo! exemplar, un proxecto de xestión de augas exemplar e un proxecto enerxético exemplar!. Se en menos de tres meses sae unha proposta coherente e de nivel, é todo un logro. De todas formas quero facer fincapé en que penso que estos plazos seguen a excluír a pequenos estudos, e a equipas de profesionais independentes. Non sei que se opinión hai de este tema no seo da profesión.

    Estos son os obxetivos do concurso:

    – Mellorar a imaxe actual do conxunto e incorporar a este aquelas edificacións que con base no programa de necesidades proposto sexan necesarias.
    – Mellorar e establecer unha ordenación dos espazos da actuación priorizando os existentes e os novos que se van incorporar, facendo unha especial mención á calidade funcional, ambiental e paisaxística, acoutando zonas, percorridos novos que garantan o acceso ao público sen interferencias coas actividades do centro de formación xa existente, composto por un edificio residencia e un edificio de aulas que se manterán aínda que poderá considerarse a súa ampliación e mellora no anteproxecto que se vai presentar, aínda que non se estimará esta actuación
    orzamentaria no conxunto da proposta do concurso. Os percorridos que se expoñan non xerarán impactos negativos na biodiversidade.
    – Establecer unha repartición equilibrada das áreas destinadas á obtención desa imaxe agrogandeira, forestal e hortofrutícola que se pretende potenciar da “Galicia Rural”. Creando novos espazos relacionados coa flora autóctona, tanto de cultivo como espontánea, con fins didácticos que permitan percorridos respectuosos polas plantacións e o seu desenvolvemento.
    – Potenciar os percorridos peonís e de servizo polos distintos corredores que vertebren o predio de Sergude. Facendo especial fincapé na creación de percorridos non só cunha visión “comercial” senón á vez “didácticos”, “ambientais”e “paisaxísticos”. Creándose zonas de descanso que se integrarán nos espazos naturais, e que xerarán visuais paisaxísticas que poñan en valor os ecosistemas.
    – Expor a análise das escorrentías, regatos e mananciais de auga para un uso exemplar desta como vertebradora da riqueza ambiental do predio, potenciando as novas plantacións que xerarán unha secuencia continua que permita a conectividade dos ecosistemas.
    – Desenvolver unha proposta con criterios de sustentabilidade que transforme a actuación nunha “illa enerxética” para os efectos da utilización de enerxías renovables.
    – Complementar os actuais usos coas novas actividades propostas que deberán de conformar ese espazo de Promoción da Galicia Rural, enriquecéndose coas achegas dos concursantes.
    – Prestarase especial atención ás propostas que ordenen, dada a singularidade e características ambientais do lugar, os accesos peonís, rodados, posible aparcamento, así como as vías e sendas que estruturen o predio para o fin previsto.
    – Valorarase a solución arquitectónica do conxunto edificado e con especial valoración aquelas solucións que acheguen unha riqueza espacial e de imaxe ao conxunto.
    – Prestarase especial atención á coherencia do orzamento e á viabilidade técnica da proposta.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información sobre protección de datos

​Responsable: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Finalidad: Controlar spam, gestión de comentarios.Legitimación: Consentimiento del interesado/a. Destinatarios: Se comunicarán los datos a los destinatarios legalmente previstos y a encargados del tratamento del COAG. Derechos: Tiene derecho a acceder, rectificar o suprimir los datos, así como otros derechos, como se explica en la información adicional. Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en

http://www.coag.es/tratamentodatos/?id=1&lang=es

Nuestra política de privacidad está disponible en: http://portal.coag.es/aviso-legal

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube