Concello de Betanzos. Nova licitación do servizo de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Betanzos 2017-2021

24 Nov 2017

No BOP-A Coruña do 22 de novembro, anúnciase a nova licitación do servizo de redacción do PXOM do Concello de Betanzos 2017-2021.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña do día 2 de outubro anunciouse a licitación do servizo de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Betanzos 2017-2021.
Enlace ao BOP de 2 de outubro.

O COAG presentou Recurso de reposición en impugnación de la licitación convocada polo concello e Betanzos para a redacción do PXOM.
Enlace ao recurso presentado polo COAG.

Estimado parcialmente o recurso do Colexio, suspendeuse esta licitación.
Enlace á estimación parcial do recurso.

Enlace ao BOP de 22 de novembro.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 do 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que estando admitidos os Arquitectos para participar considérense de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir