Aviso importante – Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos para a construcción da nova sede do IMELGA en Santiago de Compostela.

3 Decembro 2021

Constatada a ausencia de arquivo dixital da proposta nº 24 correspondente ao LEMA PATIO505 requírese para que o aporte nun prazo de 3 días contados desde o día seguinte á publicación deste requirimento.

Lémbrase que á hora de atender ao requirimento débese ter en conta o sinalado no apartado 7.2.3 do prego de bases que rexe o concurso: “Non poderá figurar ningún elemento na documentación que permita identificar ós concursantes, sexa de xeito individual ou colectivamente. Esta prohibición esténdese ás propiedades dos arquivos dixitais. A única identificación posible será o LEMA baixo o que se presenta.”

Más información en este ENLACE.

 

Compartir