Nos informan que o prazo de presentación de porpostas para o concurso de Experimenta Pontevedra ampliouse ate o 24 de maio.
Experimenta Pontevedra, Festival de Deseño Urbano, xorde coa intención de provocar unha reflexión sobre a cidade a través de propostas de arte, arquitectura e urbanismo. A primeira edición celebrarase entre o 21 e o 24 de xuño de 2018.
Esta convocatoria propón a creación dunha instalación efémera no tramo inicial da rúa Benito Corbal, no seu encontro coa Praza de Ourense. Formará parte do conxunto das instalacións qje se realizarán en diferentes localizacións do centro urbano da cidade. A Convocatoria comprende tanto o deseño da intervención como a posterior construción e desmonte por parte do equipo gañador.
Máis información neste ENLACE.