[idioma] ES | GL
1. INFORMACIÓN / AVISOS
INFORMACIÓN
12/03/2017
-
ACTO PÚBLICO DE APERTURA DE PLICAS:
Fecha: Luns 13 de Marzo de 2016
Hora: 12.30
Lugar: Sala de Comisións do Concello de Ferrol
Publicación na web do concello: 09/03/2016 a las 10.30 horas
15/02/2017
-
Comunicado do concello de Ferrol: “Nestes momentos e para darlle maior seguridade xurídica ao concurso, se han modificando as bases en relación coa composición do Xurado. De modo que non sexa necesario a asistencia de todos os seus compoñentes para poder fallar o concurso.Por outra banda e para reforzar os condicionantes urbanísticos sobre a Praza xa recollidos no prego que rexe o concurso, procedeuse a emitir un informe técnico por parte do equipo redactor do PXOM de Ferrol e do PEPR da Magdalena en relación coa non obrigación de expor un aparcadoiro subterráneo na Praza de Armas. Todo iso para poder dar maior seguridade xurídica ao proxecto que resulte gañador no fallo que terá lugar en próximas datas.Actualmente estase á espera da publicación no BOP dos membros definitivos do Xurado.
Unha vez publicada esta modificación convocaremos ao xurado para a resolución do concurso, o cal se informará oportunamente”
27/10/2016
24/10/2016.
- relacion-de-propuestas-admitidas-y-rechazadas
- Composición defintiva do xurado:
PRESIDENTA
Dona María Fernández Lemos (Concelleira de Urbanismo).
VOCAIS:
Un representante do Grupo Municipal de Ferrol en Común
Un representante do Grupo Municipal do PP
Un representante do Grupo Municipal do PSOE
Un representante do Grupo Municipal do BNG
Un representante do Grupo Municiapal de CIDADÁNS
-Don Ramón Montero Cereijo (Presidente del Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia Delegación de Ferrol
-Dona Carlota Pita Pita ( en representación del Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de Galicia)
-Don Carlos Quintáns Eiras (Arquitecto designado por los participantes)
-Don Felipe Cotovad Martínez.(Arquitecto Municipal de Urbanismo)
-Don Leopoldo Moure García (Secretario Xeral da Corporación)
-Don Manuel Roel Hernández-Serrano
SECRETARIO:
– Don Rogelio Cenalmor Palanca
AVISO:
Consultas resoltas a 24/08/2016
29/08/2016 Ampliación da documentación. Subíronse en formato .dwg os elementos do Proxecto de Mobiliario Urbán.
29/08/2016 Ampliación da documentación. Subíronse en formato .dwg as plantas do edificio do Concello.
Obxecto
A Plaza de Armas de Ferrol é a praza mais oriental das dúas plantadas orixinalmente no interior do histórico barrio da Magdalena, no centro urbano da cidade. Este barrio de formulación ortogonal data do século XVIII e considérase único en toda España, pois foi precursor dos trazados realizados entre os séculos XIX e XX en gran parte das cidades españolas.
Trazado en forma rectangular con seis rúas paralelas (Igrexa, Magdalena, Real, Dolores-Galiano, María e Sol), que se intersecan perpendicularmente con nove rúas transversais. Estructura en cuadrícula, parcelada en numerosos quinteiros de idéntica xeito e dimensións definindo numerosos edificios entre medianeiras. A Praza alberga o edificio do Concello da cidade e sitúase na principal área comercial e hosteleira.
O obxecto do presente concurso é a selección da mellor proposta para a remodelación do devandito espazo público, e do mesmo xeito o acondicionamento do seu entorno inmediato, comprendendo aproximadamente unha superficie de 7.000m2.
O Concello de Ferrol, como organismo convocante deste concurso optou por licitar mediante o procedemento de concurso de proxectos con intervención de Xurado, pois considera que é o máis adecuado para obter a mellor solución posible, tanto arquitectónica como técnica, ao programa solicitado e ás particulares circunstancias do ámbito urbanístico delimitado.
Entidade convocante
O Concello de Ferrol, como organismo convocante, suscribiu un convenio co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, para a Convocatoria dun concurso de Anteproxectos e cóntase coa Oficina de Concursos do mesmo nas súas tarefas administrativas.
Trátase dun Concurso de proxectos organizado no marco dun procedemento de adxudicación dun contrato de servizos, artículo 184. 2 a) do RDL 3/2011 relativo á Lei de Contratos do Sector Público.
Datos económicos
Sobre un orzamento de execución material de 1.200.000,00€ (gastos xerais, beneficio industrial e IVE non incluido), os honorarios profesionais correspondentes á redacción do proxecto básico e de execución, incluida a redacción do estudio de seguridade e saúde e dirección das obras, ascenderán á cantidade de 50.000,00€ IVE non incluido, de acordo co seguinte desglose: 30.000,00€ para o proxecto básico e de execución e estudio básico de seguridade, e 20.000,00€ de dirección das obras.
Participantes
Poderán concurrir ao presente concurso tódolos arquitectos e enxeñeiros de camiños que teñan plena capacidade de obrar e non se atopen incursos nas prohibicións e incompatibilidades para contratar coa Administración segundo a normativa vixente. Non será preciso estar colexiado previamente para participar no concurso, pero sí para asinar e no su caso, visar o proxecto que no su momento se desenvolva.
Xurado
Estará composto por:
- O Alcalde de Ferrol, con delegación expresa na Concelleira de Urbanismo e Mobilidade do concello de Ferrol.
- Un arquitecto ou enxeñeiro de camiños do concello de Ferrol.
- Un técnico ( arquitecto ou enxeñeiro de camiños) a elección dos concursantes.
- O Decano do Colexio oficial de Arquitectos de Galicia, con delegación expresa no presidente do mesmo en Ferrol.
- O Decano do Colexio Oficial de enxeñeiros de camiños en Galicia ou persoa en quen delegue.
- Un concelleiro en representación de cada grupo municipal.
- O Secretario xeral do Concello.
- O interventor xeral do Concello.
Premios
Os premios outorgados serán os seguintes: Primeiro premio: 4.000,00€, como adianto ao encargo do proxecto básico e de execución e a dirección das obras e estudio e coordinación da Seguridade e saúde. Dous accésits: 1.500,00€, cada un deles. Poderánse nomear máis premios, a modo de accésits, sen custe económico.
Documentación requerida
Sobre 1 Proposta de técnico para formar parte do Xurado.
Sobre 2 DOUS paneis tamaño DIN-A1 (594 mm x 841 mm) maquetados en vertical e montados sobre taboleiro lixeiro de cartón pluma, nos que figurará o lema elixido polo concursante. Documentación en CD, reproducción dos paneis nun único arquivo PDF.
Dossier escrito, cunha extensión máxima de DEZ páxinas en tamaño A4
Sobre 3 a)Boletín de inscrición, b) Declaracións responsables, c) Compromiso constitución UTE
2. CALENDARIO
Fase | Actuación | Data |
---|---|---|
Convocatoria e Acceso á información | A partir da última publicación no Boletín Oficial, e na páxina web do COAG e do Concello de Ferrol | 21/07/2016 |
Consultas | A partir da publicación da página web do concurso | 21/07/2016 |
Presentación de consultas | Ata 20 días do prazo de presentación de propostas | 24/08/2015 |
Resolución de consultas | Ata 15 días antes do remate do prazo de presentación de propostas | 29/08/2016 |
Presentación dos traballos | Ata ás 14:00 horas do día hábil nº 45, a partir da última publicación no Boletín Oficial | 13/09/2016 |
Reunión do Xurado | Antes de 15 días despois do prazo de remate de presentación dos traballos | |
Resolución do concurso | Prazo non superior a 1 mes dende a presentación das propostas | |
Retirada dos traballos non premiados | Non superior a 2 meses dende o fallo |
3. BASES ⊗
- Prego de bases Administrativas. Descarga
- Prego técnico. Descarga
- Publicación BOP nº 137 de 20/07/2016
- Perfil do Contratante. Concello de Ferrol : https://www.ferrol.es/04-perfilContratante-2011-ampliar.aspx?id=471
4. DOCUMENTACIÓN ⊗
- Plano de situación na ciudade. Descarga
- Plano PXOM de Ferrol. Descarga
- Alzados de la Plaza. Descarga
- Ortofoto. Descarga
- Plano Catastral. Descarga
- Plano topográfico. Delimitación do ámbito de actuación. ACAD. Descarga
- Planos de servizos urbanísticos e instalacións. Descarga
- Reportaxe fotográfica. Antecedentes. Actuales
- Certificado de condicións urbanísticas. Descarga
- Plano e informe de estado actual do aparcadoiro subterráneo. Descarga
- Resultado da enquisa popular realizada polo concello de Ferrol no mes de marzo/2016. Acceso a web específica
- Plantilla de composición dos paneis. Descarga
- Planos do Edificio do Concello. Descarga
- Normativa aplicable
- Orden VIV/561/2010, de 1 de febrero, documento técnico de condiciones básicas de accesibilidad y no discriminación para el acceso y utilización de los espacios públicos urbanizado
- RD 35/2000 de accesibilidad en Galicia, declarado vixente pola Ley 10/2014, de 3 de diciembre.
- CTE DB SUA- 9
- Mas información
- Sede electrónica – información urbanística – planeamento: http://www.ferrol.es/contidos-es.aspx?id=59
- SIX Ferrol: http://www.ferrol.es/absatlas/six_concello1/UTILIDADES/visor_mapas.aspx?mapa_gbl=PROYECTOS
- Proxecto de mobiliario urbano no Barrio da Magdalena. Descarga pdf Descarga dwg
5. CONSULTAS
- Envío de consultas
- Pódense realizar consultas ata o 24 de Agosto de 2016, dirixíndose ó correo electrónico: concursoferrol2016@coag.es
- Consultas resoltas
- Consultas resoltas ata 24/08/2016
- Consultas pendentes
6. FALLO
- Listado de traballos presentados
- Acta do fallo do Xurado
- Traballos premiados
- Primer premio
- Accésits