O Concello do Porriño estima a totalidad do recurso de reposición en impugnación da licitación para a adxudicación do contrato de servizos de tarefas de apoio e colaboración na redacción de informes.

17 Nov 2021

O Concello do Porriño comunica no Decreto da Alcaldía do Porriño do 10/11/2021 que estimou a totalidade das alegacións realizadas polo COAG no recurso de reposición interposto o 12/08/2021, en impugnación da licitación para a adxudicación dos servizos de realización de tarefas de apoio e colaboración na redacción de informes de diversas materias urbanísticas (expediente nº: 2093/2021).

As principais alegacións do COAG, entre outras, foron relativas a:

  • Solvencia técnica. Vulneración das competencias profesionais con infracción do principio de liberdade de acceso ás licitacións.
  • Criterios de adxudicación. O concello, mediante Decreto da Alcaldía do 10/11/2021 estima a totalidade das alegacións do COAG, desiste do procedimento e acorda incoar un novo expediente.

O concello, mediante Decreto da Alcaldía do 10/11/2021 estima a totalidade das alegacións do COAG, desiste do procedimento e acorda incoar un novo expediente.

Compartir