O COAG comparece e constitúese en parte no Procedemento Ordinario 4271/2017, tramitado pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia en defensa das competencias profesionais

15 xuñ 2017

O procedemento xudicial ten sido iniciado por recurso contencioso-administrativo presentado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña fronte a resolución do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) por considerar que o enxeñeiro técnico industrial non é técnico competente para emitir o Informe de Evaluación do Edificio e redactar e redactar o proxecto de ascensor que afectaba á estructura dun edifico de vivendas.

O día 2 de xuño recíbese comunicación do IGVS, mediante a que se notificaba ao COAG, en condición de interesado, a interposición do recurso contencioso-administrativo polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña conferindo o prazo legal para comparecer e constituirse en parte nos autos.

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia procedeu a constituirse en parte en dito procedemento xudicial para actuar en defensa dos intereses xenerais da profesión e do seu ámbito competencial.

Compartir