O COAG presentou un escrito no Concello de Silleda en relación coas manifestacións en prensa do Sr. Alcalde relativas ao acordo de convocar un concurso de ideas restrinxido para o deseño do novo edificio da casa consistorial.

Nese escrito, asinado polo Presidente da delegación de Pontevedra, se lle reitera ao Sr. Alcalde de Silleda, as cuestións xa manifestadas nun encontro no que se tratou a posibilidade da colaboracióndo COAG na organización do concurso, que se poden resumir en que os procedementos de contratación pública deben axustarse aos principios básicos previstos na lei de liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos, non discriminación e igualdade de trato, xa sexa con ou sen a colaboración do COAG na organización do concurso.

Por outra parte, solicitouse do Concello de Silleda una reflexión ao respecto animándoo novamente á convocatoria dun concurso aberto de proxectos no que podan participar todos os Arquitectos no convencemento de que é o procedemento máis acaído para que o Concello poda contar con propostas de calidade arquitectónica sobre as que decidir a adxudicación.

O texto íntegro pódese consultar no seguinte ENLACE