Reintegración Urbana A Chainza. Noia

4 Dec 2013

Salgado e Liñares

O barrio de A Chaínza, ó outro lado da Ponte de Noia, ten longa historia. Punteado dende antigo sobre a traza do Camiño Real, foi de toda a vida lugar de paso obrigado dende o extramuros de Noia. A nova estrada en certo modo abeirouno: e como un meandro esgazado das rutas de tránsito A Chaínza foi empurrada de pronto contra o bordo marítimo, e viuse constrinxida e illada, pero isto salvouna…

El barrio de La Chaínza, al otro lado del Puente de Noia, tiene larga historia. Punteado desde antiguo sobre la traza del Camiño Real, fue de toda la vida lugar de paso obligado desde el extramuros de Noia. La nueva carretera en cierto modo lo orilló: y como un meandro desgajado de las rutas de tránsito la Chaínza fue empujada de pronto contra el borde marítimo, y se vio constreñida y aislada, pero esto la salvó…

Obra
Reintegración urbana del patrimonio cultural de A Chaínza (Fase 1)

Situación
A Chaínza – Noia – Galicia – España

Arquitectos
Salgado e Liñares S.L.P. (30009)
Alfonso Salgado Suárez (1913)
Francisco Xabier Liñares Túñez (2674)

Colaboradores
Manuel A. Liñares Túñez (estructura)
Santiago Rey Conde y Carla Agra García (arquitectos colaboradores)
Miguel A. Raposo Rodríguez (instalaciones)
Sergio Sánchez Alcalde y Carla Agra García (dibujo)
Ana Filgueiras Rei (etnografía)
Castor Campos Rodríguez (arquitecto técnico)

Año
2010-2012

 

0002 02

Pois a Chaínza, a pesar da súa escasa actividade, conserva a día de hoxe a escala adecuada, a que lle é propia e lle dá sentido; o seu estado de decaemento é reversible, e a súa situación e carácter, presente en todo o ámbito, fana merecedora de mellor condición, é dicir, merecedora de algo máis que a de limitarse a ser un “atallo para listos”.

Pues la Chaínza, a pesar de su escasa actividad, conserva a día de hoy la escala adecuada, la que le es propia y le da sentido; su estado de decaimiento es reversible, y su situación y carácter, presente en todo el ámbito, la hacen merecedora de mejor condición, es decir, merecedora de algo más que la de limitarse a ser un “atajo para listos”.

0002 04

Así as cousas, a intervención, que abarca varias fases e da que tan só se realizou a primeira, ten como obxectivo prioritario devolver o espazo público ás persoas, revitalizándoo cun labor de limpeza e retirada das excrecencias que o paso dos anos e decisións erróneas lle engadiron sen sentido.

Así las cosas, la intervención, que abarca varias fases y de la que tan sólo se ha realizado la primera, tiene como objetivo prioritario devolver el espacio público a las personas, revitalizándolo con una labor de limpieza y retirada de las excrecencias que el paso de los años y decisiones erróneas le han añadido sin sentido.

0002 06

Así pois, o noso proxecto de Reintegración urbana do patrimonio cultural da Chaínza pon os acentos no seguinte:

                                                                           1. Retirada do asfalto do ámbito e substitución por pavimento peonil: lastro granítico de 5 x 5 cm.
2. Reformulación dos bordes e límites: o “peitoril da ponte” é a referencia obrigada; reinterprétase e ata reformula, nun zurcido continuo e pausado que estende o magnífico peitoril ata convertelo nun inadvertido mobiliario urbano (pois non hai outro en todo o ámbito). A iluminación, ademáis, intégrase no “novo” peitoril, co fin de conseguir unha iluminación rasante e axeitada ás características peonís do ámbito.
3. Redeseño das instalacións urbanas e soterrado das aéreas: a cabalo das dúas fases, pois ata o momento completouse tan só o trazado oculto e baixo rasante das canalizacións. É dicir, a retirada dos postes e cables queda para a segunda fase.
4. Recuperación do trazado do Camiño Real.
5. Recuperación da Ponte Medieval: a segunda fase contempla a súa prolongación, co fin de conectalo co “Camiño Real”.
6. Recuperación de “A Fonte da Chaínza” e do Lavadoiro da Chaínza. E esta parte merece un comentario á parte, pois o lavadoiro permanece en perfecto uso. “Activar” un espazo é literalmente “dotalo de actividade”. Pero a actividade xa existe; nós tan só rescatámola e revitalizámola. En definitiva, que a recuperación do lavadoiro está lonxe de ser un canto inútil a outros tempos xa pasados: é, por dicilo así, un ámbito de actividade, ou noutras palabras, un espazo social.

Así pues, nuestro proyecto de Reintegración urbana do patrimonio cultural da Chaínza pone los acentos en lo siguiente:

1. Retirada del asfalto del ámbito y substitución por pavimento peatonal: adoquín granítico de 5x5cm.
2. Reformulación de los bordes y límites: el “pretil da ponte” es la referencia obligada; se reinterpreta y hasta reformula, en un zurcido continuo y pausado que extiende el magnífico pretil hasta convertirlo en un inadvertido mobiliario urbano (pues no hay otro en todo el ámbito). La iluminación, además, se integra en el “nuevo” pretil, con el fin de conseguir una iluminación rasante y adecuada a las características peatonales del ámbito.
3. Rediseño de las instalaciones urbanas y soterrado de las aéreas: a caballo de las dos fases, pues hasta el momento se ha completado tan solo el trazado oculto y bajo rasante de las canalizaciones. Es decir, la retirada de los postes y cables queda para la segunda fase.
4. Recuperación del trazado del Camiño Real.
5. Recuperación del Puente Medieval: la segunda fase contempla su prolongación, con el fin de conectarlo con el “Camiño Real”.
6. Recuperación de “A Fonte da Chaínza” y del Lavadoiro da Chaínza. Y esta parte merece un comentario aparte, pues el lavadoiro permanece en perfecto uso. “Activar” un espacio es literalmente “dotarlo de actividad”. Pero la actividad ya existe; nosotros tan solo la rescatamos y la revitalizamos. En definitiva, que la recuperación del lavadoiro está lejos de ser un canto inútil a otros tiempos ya pasados: es, por así decirlo, un ámbito de actividad, o en otras palabras, un espacio social.

0002 07

0002 10

E por último, a pedra granítica das canteiras de Baroña, que preside toda a intervención: dende os pequenos “lastros” do pavimento ata as magníficas lousas de 3m da cuberta do lavadoiro.

En fin, A Chaínza volve respirar.

Y por último, la piedra granítica de las canteras de Baroña, que preside toda la intervención: desde los pequeños “lastros” del pavimento hasta las magníficas losas de 3m de la cubierta del lavadoiro.

En fin, La Chaínza vuelve a respirar.

Premios
2013| Premio Manuel Gómez Román á recuperación do habitat rural. Categoría Construción adxectivas rehabilitadas ou reconstruidas (Maceda – Ourense)
2013| Finalista XV Premios COAG. categoría ESPACIOS ABIERTOS PÚBLICOS (Santiago de Compostela)

 

Compartir