Xornada Profesional de PROJAR

21 Mar 2025

Innovación e sustentabilidade en cubertas verdes, SUDS e compostaxe para un futuro urbano responsable.

PROJAR en colaboración coas empresas Pintega Xardins, Siháho consulting e o Concello de Santiago de Compostela ten o gusto de invitar a celebración da xornada técnica en Santiago de Compostela o próximo 10 de abril  na que se tratarán temas de actualidade no sector para a correcta execución e prescrición de cubertas verdes e Sistemas Urbanos de Drenaxe Sustentable.

10 de abril – edificio municipal CERSIA

Neste foro, vanse abordar dous temas técnicos de grande actualidade no sector.
Por un lado, exploraremos os aspectos clave para a correcta execución e prescrición das cubertas verdes, cun enfoque especial no papel fundamental do substrato.
A súa función non só é proporcionar soporte á vexetación, se non tamén optimizar a retención de auga e garantir a sustentabilidade de todo o sistema, avanzando así cara unha xestión máis eficiente do ciclo da auga.

Por outro lado, introduciremos un tema de grande relevancia na planificación urbana e de especial interese para técnicos municipais e empresas do sector de obra pública: os Sistemas Urbanos de Drenaxe Sustentable (SUDS).

Ademais, queremos abrir debate con todos os profesionales do sector sobre la necesidade da toma de decisións respecto ao compostaxe e o tratamento da materia orgánica vexetal en Galicia. Analizaremos como esta práctica pode representar una nova oportunidade para as empresas, impulsando a sustentabilidade e o aproveitamento dos recursos.

Xa pode consultar o programa e reservar praza gratuitamenteENLACE

Entidad organizadora: PROJAR

Data: – SANTIAGO DE COMPOSTELA – 10 de abril.

Duración: de 09:30 a 13:30 horas. – (11:20h – pausa para café)

Lugar de celebración:  – Santiago de Compostela – Edificio municipal CERSIA – rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n

Programa e Inscripción gratuita:  –  Enlace

 

 

 

Compartir