Vigo e San Fernando serán as sedes da 3ª edición do Festival de Arquitectura Urbana TAC!.
Este festival nace con vocación de reflexión sobre arquitectura, o espazo urbano, e o social. Entre outras actividades conta cunha convocatoria dun concurso de ideas para a construcción dun pavillón temporal.
O COAG ven de coñecer o feliz nomeamento da cidade de Vigo como unha das dúas sedes da III edición do Festival de Arquitectura Urbana TAC!, xunto coa cidade gaditana de San Fernando, unha iniciativa da Secretaría Xeral da Axenda Urbana, Vivenda e Arquitectura, en colaboración coa Fundación Arquia.
A candidatura de Vigo contou co impulso inicial e apoio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, factor que destaca a través dun comunicado o propio Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
A decisión de elección da cidade atlántica baseouse, segundo o propio comunicado, do seu espírito transversal entre prácticas e políticas locais, así como pola súa estratexia de garantir espazos nos que a perspectiva de xénero é un factor fundamental, cuestión que será reforzada desde o festival TAC.
Desde o COAG de Vigo queriamos informar aos nosos compañeiros sobre este festival, no que estamos desexando participar, e que esperamos que sexa unha oportunidade para expoñer novas reflexións sobre arquitectura na nosa cidade.
Non podemos máis que felicitar esta boa nova e poñernos a disposición do Concello de Vigo para axudar e contribuír a facer deste un evento anual de reflexión sobre o urbano e o social.
https://www.mitma.gob.es/…/
O noso agradecemento ao Concello de Vigo, á Fundación Arquia, ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, e ao Proxecto EWA pola súa colaboración nesta iniciativa!