Roteiro por Vigo: Perseguindo a historia da cidade a través da súa arquitectura 

27 Out 2025

Este sábado, 1 de novembro, ás 11:00 realizaremos unha ruta polo Vigo histórico guiada polo escritor Pedro Feijoo.
Esta actividade enmárcase dentro das actividades complementarias ao 1º Congreso Ibérico de Educación pola Arquitectura, que se celebrará os días 7, 8 e 9 de novembro, con motivo do 25º aniversario do ProxectoTERRA.

Pedro Feijoo, acepta a proposta do Colexio de Arquitectos de saír a camiñar o Vigo vello, e coñecelo de primeira man, a través do seu paseo.

Para entender a arquitectura que configura a nosa cidade dende un punto de vista sociolóxico e histórico que conte cómo éramos e que cousas aconteceron como sociedade, e que provocaron inevitablemente o deseño da cidade que coñecemos hoxe.

Pedro Feijoo. Experto e  namorado, na proposta de coñecer Vigo da man dun paseo que, sobre todo, se fai sen présa, devagar, deixando que os nosos pasos se perdan polo mar de anécdotas e historias que conforman a memoria da cidade.

Porque, á fin e ao cabo, esa é a verdade: nada máis hai que saber onde observar con atención para descubrir que entre as luces e sombras da cidade vella aínda permanecen visibles os vestixios das moitas vidas que amalgamaron o Vigo vello.A eterna vila mariñeira, si, pero tamén aqueloutra que os seus veciños defenderon a ferro e lume en máis dunha ocasión, e o Vigo industrial, e o metropolitano, e mais tamén o corsário.

A asistencia é libre, sendo precisa a inscrición a través da seguinte [ligazón].

Punto de encontro: Mirador das ruinas do castelo de San Sebastián, xusto detrás da torre do concello.

Compartir