INFORME DA REUNIÓN DE TRABALLO SOBRE A ANTEPROXECTO DA NOVA LEI DE PATRIMONIO NA CONSELLERÍA CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA CON RESPONSABLES DO COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA.
Na mañán do día 20 de maio de 2015, celebrouse unha reunión con responsables da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ca presenza do Conselleiro Román Rodríguez González, o secretario Xeral Técnico Jesús Oitavén Barcala e a Directora Xeral de Patrimonio Cultural María del Carmen Martínez Ínsua, o de Decano do COAG Antonio Maroño Cal e os Vogais de Xunta de Goberno Alfredo Diaz Grande, Xose Manuel Rosales Noves, Elvira Carregado e Cristobal Crespo.
Os Representantes da Conselleria expuxeron as ideas estratexicas na que se base este documento, sinalando que nun prazo duns 15 días, colgaran na súa web o texto articulado e abrirase o prazo de alegacións e suxerencias.
Solicitaron unha opinión do noso colectivo sobre o documento no que se descreben as ideas xerais da nova Lei, nun curto prazo de tempo, polo que dende as delegacións organizaranse reunións informativas e constituiranse grupos de traballo cos compañeiros interesados.