Conforme aos acordos adoptados pola Xunta de Goberno, comunicados na circular 4/2022 de 24 de marzo, creouse 1 praza de administrativo/a para que preste as funcións da categoría de “Administrativo” do grupo profesional III do Convenio Colectivo na delegación da Coruña, con dispoñibilidade de prestar ademais ditas funcións na delegación de Ferrol indistintamente, para o cal se determinou a realización dunha convocatoria pública para cubrir as prazas indicadas. O tribunal constituido para realizar o proceso de selección, conforme ao previsto nas bases do mesmo, comunicadas mediante a circular 24/2022 de 21 de outubro, xa rematou o proceso de selección do resultado que se indica a continuación.
Rematado o proceso de inscrición, e tras verificar que as solicitudes de inscrición presentadas, constaban como completas e conformes ás bases da convocatoria, rexistránse un total de solicitudes 32 solicitudes completas
Realizadas as probas presenciais o 16 de novembro, nas que participaron 23 persoas, foron seleccionados para pasar á fase de entrevista os 8 candidatos que obtiveron a cualificación de aptos en todas as probas, os cales se indican a continuación:
Candidatos/as |
BARRIENTOS FERNANDEZ, ROBERTO |
GARCÍA HERNANZ, CRISTINA |
GONZÁLEZ URES, RUBÉN |
NÚÑEZ GARCÍA, TATIANA |
PAZOS LÓPEZ, MERCEDES |
REBOREDO SUAREZ, LAURA |
TRILLO QUINTELA, CORAL |
VILAS RAMOS, MANUEL CÉSAR |
Tal e como se indica nas bases da convocatoria, a puntuación na fase de probas serve unicamente de acceso á entrevista. A puntuación outorgada na fase de entrevista é directamente a puntuación final do proceso de selección.
Conforme ao anterior, a orde dos candidatos conforme á puntuación outorgada polo tribunal aos 8 candidatos participantes na Fase de Entrevista é a seguinte:
Orde | Candidatos/as |
1 | REBOREDO SUAREZ, LAURA |
2 | TRILLO QUINTELA, CORAL |
3 | GONZÁLEZ URES, RUBÉN |
4 | NÚÑEZ GARCÍA, TATIANA |
5 | PAZOS LÓPEZ, MERCEDES |
6 | GARCÍA HERNANZ, CRISTINA |
7 | BARRIENTOS FERNANDEZ, ROBERTO |
8 | VILAS RAMOS, MANUEL CÉSAR |
En consecuencia, a candidata que será contratada para ocupar a praza convocada é Laura Reboredo Suárez.
Os demais candidatos/as entrevistados/as pasaran a formar un listado de suplentes, ordenados de maior a menor puntuación. En caso de que algún dos/as seleccionados/as finalmente desista da contratación, procederase a ofrecer a contratación aos suplentes pola orde de prelación indicada.