Conforme aos acordos adoptados pola Xunta de Goberno, comunicados na circular 4/2022 de 24 de marzo e circular 8/2022 de 9 de maio , creáronse 3 prazas de arquitectos/as (titulado/a superior) para que preste as funcións de arquitecto/a de visado nas delegacións de Lugo, Ourense e Santiago de Compostela, para o cal se determinou a realización dunha convocatoria pública para cubrir as prazas indicadas. O tribunal constituído para realizar o proceso de selección, conforme ao previsto nas bases do mesmo, comunicadas mediante a circular 12/2022 de 3 de xuño, xa rematou o proceso de selección.
Pode consultarse o resultado na Circular 19 2022.