En relación coa convocatoria realizada na circular 22/2022 pola cal se ponían a disposición dos colexiados, de 35 anos ou menos, 10 becas para cursar o novo Máster en Deseño & Construción en Madeira, ofertado por CESUGA en 2022/2023, unha vez rematado o prazo de inscrición, infórmase do resultado do proceso.
En total inscribíronse como interesados en recibir as becas un total de 11 colexiados. No obstante, só 6 deles cumprían os requisitos establecidos na convocatoria, polo que só 6 dos inscritos optan ás becas. Ao ser un número inferior ao total de becas ofertadas, non procede realizar sorteo, e as becas asígnanse directamente aos/ás colexiados/as que se indican a continuación:
- Alejandro Rodríguez Tarrío, colexiado nº 4918
- Andrés Novo Castro, colexiado nº 4609
- Daniel Gómez Magide, colexiado nº 5123
- Diego Cisterna Arias, colexiado nº 5165
- Laura Izzo, colexiada nº 5282
- Mar Veiga Fachal, colexiada nº 5006