Reportaxe na TVG sobre os 50 anos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

15 Nov 2023

O pasado 19 de outubro cumplíronse 50 anos de historia do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, creado a partir da súa escisión dos Colexios de Arquitectos de Asturias e León. Con motivo da conmemoración desta data tan sinalada, a TVG emitiu, o pasado 3 de novembro, unha reportaxe sobre a xénese desta institución.

A través das testemuñas de arquitectos vencellados a diferentes momentos da institución, analízase o contexto e as inquedanzas que levaron aos arquitectos fundadores a pomover a creación do Colexio de Arquitectos de Galicia, desde a vontade e a necesidade de dar respostas ás particularidades do noso territorio, patrimonio e sociedade, así como os principais fitos que marcaron os primeiros anos de andadura da nosa institución.

Pódese visualizar a reportaxe na seguinte LIGAZÓN.

Compartir