Reorganización de servizos colexiais durante o verán 2022. Atención presencial nos meses de xullo e agosto

30 xuñ 2022

Informase que a Xunta de Goberno, na súa sesión 7/2022 de 22 de xuño, adoptou o acordo de aprobar a proposta da secretaría de reorganización dos servizos colexiais durante o verán 2022, que se pode consultar na Circular 15 2022.

Conforme ao devandito acordo, establécense as seguintes cuestións a ter en conta:

  1. ATENCIÓN PRESENCIAL DAS OFICINAS COLEXIAIS. Establecer que, as oficinas colexiais que con motivo das vacacións do persoal non terán ningún traballador dispoñible, deberán ter atención presencial polo menos un día á semana. Neste sentido, nos períodos que se indican dos meses de xullo e agosto, as delegación de Ourense, Pontevedra e Ferrol terán atención nos seguintes días:
    1. Ourense: do 4 ao 15 de xullo (ambos inclusive). Só haberá atención presencial os mércores 6 e 13 de xullo.
    2. Pontevedra:
      • Do 18 ao 29 de xullo (ambos inclusive). Só haberá atención presencial os martes e os xoves. Concretamente, os días 19, 21, 26 e 28 de xullo.
      • Do 8 ao 12 de agosto (ambos inclusive). Só haberá atención presencial o mércores 10 de agosto.
      • Do 22 ao 26 de agosto (ambos inclusive). Só haberá atención presencial o mércores 24 de agosto.
    3. Ferrol: do 1 ao 19 de agosto (ambos inclusive). So haberá atención presencial  os mércores. Concretamente, os días 3, 10 e 17 de agosto.

En todo caso, no suposto de que, por motivos organizacionais, sexa necesario que a Secretaría colexial reorganice a configuración da atención presencial indicada, será comunicado coa maior antelación posible polos medios habituais.

  1. Suspender os servizos de Biblioteca e LibrosCOAG durante o mes de agosto.
  1. Lembrar a recomendación de contactar co COAG a través da plataforma de consultas colexial. Neste sentido, lémbrase que, a través da referida plataforma, pode realizar consultas sobre cuestións como:
    1. Visado (consultas técnicas e sobre o estado de tramitación)
    2. Tramitacións telemáticas (COAGEstudio, xestións web, conta @coag.es…)
    3. Formación
    4. Finanzas e Tesourería
    5. Colexiación e Secretaría
    6. En caso de non ter claro o ámbito da consulta, pode usar o de Outras consultas.
    7. Tamén é posible presentar reclamacións por este medio.
    8. Lémbrase que, cando os colexiados desexan solicitar que se tramite con urxencia un expediente, poden solicitalo a través de COAGestudio ou da plataforma de consultas. Na plataforma de consultas, deberán realizar unha consulta de «visado» no seguinte ENLACE Unha vez seleccionada esta modalidade de consulta, deberase seleccionar o tipo «Visado (expedientes)» e indicar o expediente concreto para o cal se desexa o trámite urxente, de este modo a consulta xerada será asignada directamente á persoa encargada de visar ese expediente.

Compartir