O pasado venres 15 publicamos a convocatoria que achegamos adxunta, en forma de chamada a axentes que estean interesados en impartir un obradoiro nos centros de Educación Infantil e Primaria que desenvolverán este curso un proxecto co ProxectoTERRA, a través do Plan Proxecta. A convocatoria estará aberta até o 31 de outubro.

Deste xeito pretendemos afondar nas temáticas que se traballan, así coma afianzar as actividades do ProxectoTERRA nos centros destas dúas etapas educativas, nos que aínda temos menos presenza en comparación con Secundaria.

Se tendes calquera cuestión, non dubidedes en consultarnos.