O vindeiro 10 de outubro, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Arquitectura, terá lugar na Fundación Laboral de la Construcción a presentación do número 35 da revista Obradoiro “Paisaxes”, editada por Manuel Bouzas, María Fandiño, Roi Salgueiro e Teresa Sánchez.
A revista Obradoiro, desde a súa creación en 1978, foi un referente continuo na difusión dos valores e achegas da arquitectura galega á cultura, ao territorio e á sociedade. Agora, e tras trece anos de pausa, a revista Obradoiro volve publicarse.
Obradoiro 35: Paisaxes é moito máis ca unha revista: é unha chamada á acción. Neste número, o Colexio de Arquitectos de Galicia sitúa o deseño da paisaxe no centro da práctica arquitectónica, explorando como os espazos naturais se transforman baixo a man humana. Desde montes comunitarios ata infraestruturas verdes urbanas, esta edición mergúllase nas paisaxes galegas como patrimonio vivo e fráxil, ameazado polo cambio climático e as prácticas extractivistas. Unha lectura imprescindible para quen deseña o futuro, coida o presente e entende que a paisaxe é arquitectura total.
- Día: 10 de outubro.
- Hora: 18,30 horas.
- Localización: Fundación Laboral de la Construcción (rúa Pontepedriña Arriba, 13. Santiago de Compostela)
Finalizado o acto, servirase un cóctel para os asistentes.
O aforo é limitado, sendo precisa a inscrición a través do seguinte ENLACE.
