Nadal 2025: Atención presencial nas oficinas colexiais e reorganización de servizos

17 Dec 2025

Infórmase das medidas para reorganización de servizos colexiais durante o Nadal 2025-2026. Neste sentido, informase que todas as oficinas colexiais pecharán o mércores 24 de decembro e o mércores 31 de decembro.

Así mesmo, entre o 22 de decembro de 2025 e o 5 de xaneiro de 2026, establécese a reordenación temporal de determinados servizos colexiais. En relación coa ATENCIÓN PRESENCIAL DAS OFICINAS COLEXIAIS entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro, comunícanse as seguintes incidencias:

  • A sede colexial e a delegación de Santiago permanecerán pechadas o venres 26 de decembro.
  • A delegación de Lugo: permanecerá pechada o 26 de decembro. 
  • A delegación de Ourense: permanecerá pechada o 26 de decembro e o 2 de xaneiro. 
  • A delegación de Ferrol: 
    • Permanecerá pechada do 22 ao 26 de decembro.
    • A semana do 29 de decembro ao 2 de xaneiro, a delegación estará aberta o martes 30 de decembro.
    • A semana do 5 ao 9 de xaneiro,  a delegación estará aberta o xoves 8 de xaneiro.
  • Lembrase que, tal e como se indica no encabezado, todas as oficinas colexiais permanecerán pechadas os días 24 e 31 de decembro.

Por outra parte, determinouse suspender os servizos de Biblioteca e o servizo de publicación de ofertas de emprego privadas do 22 de decembro ao 5 de xaneiro (ambos inclusive).

Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.

Por último, trasládase a recomendación de contactar co COAG a través da plataforma de consultas colexial. Neste sentido, lémbrase que, a través da referida plataforma, pode realizar consultas sobre cuestións como:

  • Visado (consultas técnicas e sobre o estado de tramitación)
  • Tramitacións telemáticas (COAGEstudio, xestións web, conta @coag.es…)
  • Formación
  • Finanzas e Tesourería
  • Colexiación e Secretaría
  • En caso de non ter claro o ámbito da consulta, pode usar o de Outras consultas.
  • Tamén é posible presentar reclamacións por este medio.
  • Lémbrase que, cando os colexiados desexan solicitar que se tramite con urxencia un expediente, poden solicitalo a través de COAGestudio ou da plataforma de consultas. Na plataforma de consultas, deberán realizar unha consulta de «visado» no seguinte ENLACE Unha vez seleccionada esta modalidade de consulta, deberase seleccionar o tipo «Visado (expedientes)» e indicar o expediente concreto para o cal se desexa o trámite urxente, de este modo a consulta xerada será asignada directamente á persoa encargada de visar ese expediente.

Compartir