Infórmase que a Xunta de Goberno, na súa sesión 17/2023 de 19 de decembro, adoptou o acordo de aprobar a proposta da secretaría de reorganización de servizos colexiais durante o Nadal 2023-2024. Conforme ao devandito acordo, informase que todas as oficinas colexiais pecharán o venres 22 de decembro e o venres 29 de decembro, así mesmo, entre o 22 de decembro de 2023 e o 5 de xaneiro de 2024, establecese reordenación temporal de determinados servizos colexiais.
Neste sentido, en relación coa ATENCIÓN PRESENCIAL DAS OFICINAS COLEXIAIS entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro, comunícanse as seguintes incidencias:
- A delegación da Coruña: permanecerá pechada o 4 de xaneiro.
- A delegación de Pontevedra: permanecerá pechada os días 27 e 28 de decembro.
- A delegación de Ferrol: só atenderá presencialmente nese período o 4 de xaneiro, permanecendo pechada o resto de días do Nadal.
- Lembrase que, tal e como se indica no encabezado, todas as oficinas colexiais permanecerán pechadas os días 22 e 29 de decembro.
Por outra parte, determinouse suspender os servizos de Biblioteca e o servizo de publicación de ofertas de emprego privadas do 22 de decembro ao 5 de xaneiro (ambos inclusive).
ACTUALIZACIÓN A 21/12/2023 Debido a circunstancias imprevistas, infórmase que a delegación de Lugo, permanecerá pechada o 2 de xaneiro de 2024.
Lamentamos as molestias que estas circunstancias poidan causar.
Por último, trasládase a recomendación de contactar co COAG a través da plataforma de consultas colexial. Neste sentido, lémbrase que, a través da referida plataforma, pode realizar consultas sobre cuestións como:
- Visado (consultas técnicas e sobre o estado de tramitación)
- Tramitacións telemáticas (COAGEstudio, xestións web, conta @coag.es…)
- Formación
- Finanzas e Tesourería
- Colexiación e Secretaría
- En caso de non ter claro o ámbito da consulta, pode usar o de Outras consultas.
- Tamén é posible presentar reclamacións por este medio.
- Lémbrase que, cando os colexiados desexan solicitar que se tramite con urxencia un expediente, poden solicitalo a través de COAGestudio ou da plataforma de consultas. Na plataforma de consultas, deberán realizar unha consulta de «visado» no seguinte ENLACE Unha vez seleccionada esta modalidade de consulta, deberase seleccionar o tipo «Visado (expedientes)» e indicar o expediente concreto para o cal se desexa o trámite urxente, de este modo a consulta xerada será asignada directamente á persoa encargada de visar ese expediente.