Infórmase da apertura da convocatoria para configurar todas as modalidades de listas de peritos organizadas polo COAG para o exercicio 2023, establecendo un prazo no que todos os colexiados interesados podan solicitar a súa incorporación.
Nese sentido, indícase que as modalidades de listas nas que se pode solicitar a incorporación son as seguintes:
A. Lista de peritos para a prestación de asistencia pericial á Administración de Xustiza de Galicia.
B. Listas de arquitectos peritos xudiciais.
C. Lista de peritos terceiros taxadores a remitir á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) e ás Deputacións provinciais.
D. Lista de peritos terceiros taxadores da Axencia Tributaria Galega (ATRIGA).
E. Lista de peritos para remitir ao Colexio Notarial de Galicia.
INSCRICIÓNS
As solicitudes de inscrición en calquera das listas deberán realizarse ata as 13:59 horas do día 11 de xaneiro de 2023 exclusivamente a través do enlace indicado do portal corporativo colexial. Non obstante, o remate do prazo para anotarse nas listas da ATRIGA dependerá de cando se publique a resolución de dito organismo realizando a convocatoria para solicitar os listados. Está previsto que a mesma se publique a mediados de xaneiro de 2023. Por este motivo, cando se publique a resolución informarase mediante circular aos colexiados desta circunstancia e, en caso de considerarse oportuno, ampliaríase o prazo de inscrición nas listas da ATRIGA.
Ata o remate do prazo indicado, a inscrición non será definitiva, polo que, accedendo a ese enlace, cada colexiado poderá comprobar os termos da inscrición realizada e poderá anular a incorporación dentro do prazo indicado.
Unha vez rematado o prazo de inscrición establecido, a lista non admitirá novas incorporacións ata a seguinte convocatoria. Non obstante, en caso de que algún colexiado integrante da mesma, perda a súa condición de colexiado comunicarase ao organismo correspondente para que non lle asigne encargos.
O prazo para solicitar formar parte da Guía de Peritos da Unión Profesional rematará ás 13:59 horas do 28 de novembro, debido aos prazos de organización da edición que establece a Unión Profesional.
Convocatoria e información: Circular 26 2022