A USC e a Fundación Juan de Vega organizan un curso de verán en Allariz, os días 1 e 2 de xullo, no que se abordará a didáctica da paisaxe, explorando metodoloxías que permitan desvelar a complexidade das paisaxes galegas entendidas como proceso, fenómeno de percepción e expresión cultural.  O prazo de inscrición remata o 18 de xuño.

O tema de estudio diríxese ás paisaxes resilientes, capaces de acoller novamente actividades produtivas especializadas, innovadoras, que ademais permitan fixar a poboación no territorio rural e reforzar o sentimento de apego e identidade do lugar.

O público a quen vai dirixido é, en xeral ás persoas interesadas na didáctica das paisaxes: docentes dos ensinos de primaria e secundaria; profesores, titulados e estudantes de disciplinas como Ciencias da Educación, Arquitectura, Turismo, Xeografía, Urbanismo e Ordenación do Territorio, Paisaxismo, Enxeñería Agrónoma, Enxeñería Forestal, Socioloxía, Arqueoloxía….

Inscrición e máis información