Logo de ter convocada a inscrición na bolsa de profesionais do COAG para estruturar o despliegue territorial do Grupo de Coordinación de Emerxencias do COAG que servirá como interlocutor técnico oficial ante as diferentes administracións ou colectivos de persoas afectadas no territorio galego, asi como para formar parte do Grupo de Arquitectos Voluntarios de Emerxencias a nivel estatal, comprácenos convocar unha primeira reunión telemática coas persoas inscritas, mediante Google Meet.
A data será o martes 3 de novembro, ás 12:00 horas e contará coa participación de Gonzalo Martin, Coordinador do grupo GAVE de arquitectos voluntarios en situacións de emerxencia do Consejo Andaluz de Colegios de Arquitectos, que ten participado en avaliacións de risco nos últimos anos.
O enlace para a reunión será o seguinte: https://meet.google.com/wsg-ooos-miu
Lembramos que as persoas colexiadas interesadas en inscribirse en este Grupo, deberán facelo a través do seguinte enlace: https://apps.coag.es/grupoemerxencias
